Só no caso de non teñas ningunha publicación indexada en WOS e che interese ter un perfil, podes crealo.
Calquera autor/a que teña publicacións na base de datos WOS xa conta cun perfil de autor/a e un identificador de WOS xerado de maneira automática. Polo tanto, antes de crear un perfil, comproba se xa existe un perfil de autor/a asociado ao teu nome. Preme na pestana "Investigadores" da páxina principal e busca o teu nome de varias formas para intentar localizar todas as variantes posibles (un ou dous apelidos, nome completo ou con iniciais etc.).
No caso de que non teñas ningunha publicación indexada en WOS pero che interese crear un perfil, accede a Web of Science e no menú da esquerda, preme en "Menú -Abrir Menú".

Unha vez aberta a lapela, vai a "Mi Web of Science - Perfil - Crear".

Imaxe: crear un perfil de investigador/a na Web of Science
Se non tes conta, primeiro tes que rexistrarte. É recomendable que te rexistres co correo institucional.

Imaxe: rexistro na Web of Science
Despois de teres enchido o formulario, recibirás unha mensaxe no correo electrónico que tes que verificar para activar a túa conta. A continuación, finaliza o proceso de creación do perfil en WOS premendo en "Cree su perfil de investigador".
Imaxe: crear un perfil de investigador/a en Web of Science
Unha vez creado o perfil, podes deixalo baleiro e editalo máis adiante ou engadir publicacións que suxire WOS despois de crear o perfil baseándose na intelixencia artificial.