Web of Science utiliza un algoritmo para identificar os/as autores/as dos documentos que indexa. Deste xeito vai creando identidades baixo as que agrupa os documentos. Ao facer unha busca por nome, é posible que atopes perfís de investigador/a verificados e outros rexistros de autor/a sen reclamar ou verificar.
Un perfil de investigador ou investigadora verificado ou reclamado, ten sempre un sinal de cor verde a carón do nome e apelidos. Foi verificado/reclamado polo/a autor/a e os datos persoais foron revisados, ten un Researcher ID estable e definitivo que aparece debaixo do nome e filiación.

Imaxe: perfil de investigador/a de Web of Science verificado
Un rexistro de autor/a non verificado ou reclamado polo/a autor/a é un rexistro creado automaticamente polo algoritmo de WOS, que lle asigna un identificador Researcher ID provisional á espera de que o/a autor/a realice algunha acción nel (reclamalo, eliminalo etc.). A diferenza dos perfís verificados ou reclamados, estes non teñen o sinal verde a carón do nome do/a autor/a e teñen unha frase que indica que o rexistro foi xerado "algoritmicamente". O Research ID provisional desaparece cando se unifican varios perfís.

Imaxe: perfil de investigador/a de Web of Science non verificado ou reclamado