Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

ResearcherID e perfil de autor/a en WOS

Perfil de autor/a en WOS

O perfil de investigador ou investigadora é o elemento público da túa conta de usuario de Web of Science onde outras persoas poden ver as publicacións, as revisións de pares verificadas, e as métricas de citas da túa actividade investigadora en WOS.

WOS crea automaticamente o perfil se tes publicacións indexadas. É dicir, calquera autor/a que teña publicacións na base de datos WOS xa conta cun perfil de autor/a e un identificador de WOS de maneira automática. Pero se non tes ningunha publicación en WOS tamén podes ter un perfil de autor/a; nese caso tes que crearlo.

O perfil é público, calquera persoa a nivel mundial pode consultalo pero, dependendo do tipo de usuario/a que accede á base de datos de Web of Science (visitante gratuíto, usuario/a rexistrado/a ou con subscrición), terá unha vista limitada ou completa do teu perfil.

Maís información en: Clarivate - Perfil de investigadores de Web of Science