Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

ResearcherID e perfil de autor/a en WOS

Combinar rexistros de autor/a non verificados

Podes combinar rexistros de autor/a non verificados co teu perfil de investigador/a. O proceso é similar ao de reclamar publicacións: tes que filtrar as publicacións, quitar as que non queres combinar e enviar as que si queres engadir para solicitar que se revisen.

Entra no teu perfil e, na parte superior, preme na pestana "Review matching profiles" para buscar rexistros duplicados co teu nome.

Na páxina de resultados, selecciona o rexistro ou rexistros de autor/a non reclamados xerados automaticamente por WOS (sen marca verde) que se correspondan contigo. A continuación, preme en "Fusionar registros". Exemplo:

Imaxe: Perfil de investigadora e rexistros de autora non reclamados xerados automáticamente por WOS

Enche o formulario de Corrección de combinación de registros para que Web of Science se poida poñer en contacto contigo unha vez rematado o proceso de combinación. Sinala a relación que tes co autor/a (autor/a, administrador da institución, bibliotecario etc) e preme en "Siguiente: Revisar publicaciones".

A continuación, examina o listado de publicacións resultante da combinación dos rexistros.  Tes que filtrar as publicacións, quitar as que non queres incluír porque non son túas e enviar as que si queres engadir para que as revisen. Se tes a seguridade de que todas as publicacións son túas, podes omitir este paso e envialas todas. Podes utilizar os filtros da marxe esquerda para refinar os resultados. Pero ten coidado ao dar este paso, para non engadir ao teu perfil publicacións que non son túas:

Revisa o resumo de rexistros combinados e envíao a Clarivate para a súa revisión.

Se Clarivate acepta os cambios, poderás velos na Web of Science pasados uns días.