Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

ResearcherID e perfil de autor/a en WOS

Fusionar contas e perfís reclamados duplicados

Esta opción é aplicable so ao persoal investigador que teña máis dunha conta de correo electrónico en WOS e dous o máis perfís reclamados/verificados (con sinal verde) asociados a cada unha delas.

Se estiveches vinculado a institucions e utilizaches diferentes enderezos de correo electrónico ao longo da túa carreira profesional, pode ocorrer que teñas máis dunha conta e, polo tanto, máis dun perfil investigador. Nestes casos, podes combinar todos eses perfís nun só.

Para facelo, inicia sesión en Web of Science coa túa conta de usuario actual e preme no teu nome na esquina superior dereita.

Preme en "Configuración" e, a continuación, entra no apartado "Ajustes de cuenta".

 

Selecciona "Necesito fusionar cuentas duplicadas" e sinala o identificador Researcher iD do perfil duplicado que queres eliminar para que o borren. A solicitude pasará ao equipo de asistencia de Clarivate, que che enviará unha mensaxe de correo electrónico con instrucións que debes seguir para completar o proceso.

Podes consultar máis información en: Clarivate - Merging duplicate accounts/ Profiles.