ResearcherID é o identificador de autores e autoras de Web of Science que permite agrupar as publicacións dunha mesma persoa aínda que as teña asinado con diferentes sinaturas.
Características:
- Asígnase de forma automática a cada autor/a con polo menos unha publicación indexada na colección principal de Web of Science.
- Aparece nos perfís de autor/a xerados automaticamente por WOS ou creados pola persoa interesada, cando non ten aínda publicacións indexadas.
- Recoñécese pola súa estrutura letra( s)-número (4 cifras)-ano. Por exemplo: K-9242-2014, CAH-0226-2022

Imaxe: WOS ResearcherID e ORCID iD no perfil de investigador/a en Web of Science.
Vantaxes para o persoal investigador:
- Elimina a ambigüidade dos nomes de persoa nos rexistros de Web of Science.
- Permite ás persoas investigadoras ter unha páxina coas súas publicacións agrupadas e dispoñer dalgunhas métricas obtidas da Web of Science.
- Pódese asociar con ORCID, en ambos os sentidos, de modo que as publicacións se copian dun a outro perfil.