Tanto se creaches ti mesmo un perfil de autor/a coma se o creou WOS automaticamente e xa o tes reclamado, podes editalo: introducir unha foto, elixir o nome que queres que apareza no teu perfil, ver as variantes do teu nome tal e como aparecen nas túas publicacións, completar a filiación institucional e o historial da organización etc.
Preme en “Menú - Abrir menú” e, unha vez aberta a lapela "Mi Web of Science", vai a “Perfil - Mi perfil de investigador - Editar” ou dende o propio perfil premendo en "Editar".

Imaxe: editar perfil de autor/a en WOS
Para engadir unha foto, na Configuración de perfil, vai a "Editar perfil" e, a continuación, preme en "Seleccionar archivo".
Imaxe: editar perfil de autor/a en WOS
No apartado "Nombre para mostrar" pon o nome normalizado que queres que apareza no teu perfil. Procura que o nome sexa significativo para poder distinguirte doutros/as investigadores/as con nomes e apelidos similares. Consulta o Protocolo para a normalización da sinatura científica da UVigo para ver as recomendacións da biblioteca.
A continuación, no apartado "Nombres publicados" marca a opción "Mostrar nombres publicados" se queres que o teu perfil teña unha maior visibilidade. Con esta opción, no teu perfil, aparecerán as variantes do teu nome tal e como aparecen nas publicacións engadidas ao teu perfil; estas variantes non se poden cambiar xa que se xeran de forma automática.
Imaxe: editar perfil de autor/a en WOS
No apartado "Organización principal" escolle o nome da organización ou institución principal á que pertences. Podes introducir unha única institución. Fai a busca e selecciona a que corresponda á Universidade de Vigo. Esta será a institución que aparece de xeito destacado no teu perfil.
Imaxe: editar perfil de autor/a en WOS
Tamén podes escoller que apareza no perfil o histórico das organizacións que aparecen nas túas publicacións; selecciona "Mostrar historial da organización".
Imaxe: editar perfil de autor/a en WOS