Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

ResearcherID e perfil de autor/a en WOS

Fusionar perfís de autor ou autora

Web of Science xera rexistros de autor/a a partir dun algoritmo que crea conxuntos de documentos asignados a un nome persoal. É moi frecuente que os rexistros de autor/a estean duplicados porque o algoritmo é moi esixente. Polo tanto, se tes publicacións indexadas en WOS tes que comprobar se hai máis dun perfil de autor/a co teu nome ou as súas variantes e, de ser é así, realizar as correccións oportunas.