O perfil de investigador/a divídese en catro sección distintas:
A tarxeta de perfil: móstrase na parte superior e ofrece información xeral: a foto de perfil (opcional), o nome e apelidos, insignias (revisor/a de pares destacado/a, excelente, altamente citado/a...), o identificador único Web of Science ResearcherID e outros identificadores vinculados ao perfil (como ORCID), as variantes de nomes que aparecen nas publicacións (opcional), a filiación institucional, categorías temáticas etc.
Preme nos marcadores da imaxe para ver as características principais de cada apartado:
Imaxe: elementos dun perfil de autor/a en Web of Science.
O rexistro de publicacións: se tes publicacións engadidas ao teu perfil, amosaranse na sección "Documents". De forma predeterminada, só aparecen as publicacións indexadas na Web of Science Core Collection (colección principal de Web of Science) pero podes engadir outras publicacións desde WOS buscándoas, reclamando rexistros de autor/a ou sincronizando este perfil con ORCID. Podes consultar como facelo no apartado "Xestionar as publicacións" do menú lateral.

Imaxe: elementos dun perfil de autor/a en Web of Science.
Preferencias de revisión por pares: esta sección contén as revisións por pares, revisións de subvencións, membresías e rexistros de editores (aqueles para os que o/a investigador/a coordinou o proceso de revisión). Por exemplo:

Imaxe: elementos dun perfil de autor/a en Web of Science.
O panel de métricas: no perfil podes ver as métricas de publicación cun resumo dos datos de citas das publicacións da Web of Science Core Collection (colección principal de WOS). Podes ver máis datos e visualizacións dispoñibles, premendo no botón "Open dashboard", datos de revisión por pares etc.

Imaxe: Panel de métricas do perfil de autor/a en WOS
Author Impact Beamplot Sumary: o diagrama de impacto do/a autor/a resume o rendemento das citas das publicacións incluídas no perfil. Os recontos das citas compáranse con outros documentos similares (mesmo ano de publicación, mesma categoría temática e tipo de documento). Para ver a gráfica completa, preme en "Open metrics dashboard to view the beamplot".

Imaxe: Panel de métricas do perfil de autor/a en WOS