Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

ResearcherID e perfil de autor/a en WOS

Xestionar as publicacións

Web of Science utiliza a intelixencia artificial para engadir publicacións aos perfís de autor/a. Se atopa un artigo pero non detecta un perfil de autor/a xa creado que poida coincidir con esa autoría, crea un novo perfil de forma automática (e un novo ResearcherID); tamén pode suceder que engada por error unha publicación ao perfil doutra persoa co mesmo nome ou similar. Polo tanto, é necesario que fagas un seguimento de información na Web of Science comprobando de forma periódica a información e as publicacións incluídas no teu perfil de autor/a.

Para xestionar as publicacións existen diferentes accións que podes realizar: engadir ou eliminar publicacións, reclamar publicacións engadidas a rexistros de autor/a non verificados etc.