Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

ResearcherID e perfil de autor/a en WOS

Vincular o perfil de WOS con ORCID e outorgar permisos de sincronización

A vinculación do perfil da Web of Science con ORCID serve para exportar ou importar a información (publicacións, revisións etc.) entre os dous sistemas e manter os perfís actualizados empregando menos tempo. 

Para asociar o perfil de Web of Science con ORCID, debes vincular ambas contas. Inicia sesión en WOS, no menú lateral da esquerda, preme en "Menú - Abrir menú" e "Mi Web of Science - Perfil - Mi perfil de investigador - Editar".

Imaxe: editar perfil en Web of Science

Na pantalla de "Configuración de perfil" preme na cuarta pestana "Sincronización con ORCID" e, a continuación, en "Conectar su ID de ORCID".

Imaxe: sincronización do perfil de WOS con ORCID

Na pantalla de ORCID, identifícate para acceder e, na seguinte pantalla,  preme en "Autorizar el acceso"

Imaxe: sincronización do perfil de WOS con ORCID

Unha vez autorizado o acceso, na seguinte pantalla verás a conta de ORCID vinculada ao teu perfil en Web of Science.

Imaxe: sincronización do perfil de WOS con ORCID

No teu rexistro en ORCID poderás ver o ResearcherID e, no perfil de Web of Science, verás o ORCID no apartado "Otros identificadores" .

Imaxe: identificadores ResercherID e ORCID 

Unha vez conectadas as contas, para engadir as publicacións, tes que outorgar permisos. Consulta como facelo, na pestana "Outorgar permisos" dentro desta páxina.

 

Unha vez vinculadas as contas, tes que outorgar os permisos para enviar publicacións seguindo o roteiro “Configuración de perfil - Sincronización de ORCID - Permisos”. Marca a opción de Otorgar permiso para que Web of Science poida actualizar os teus traballos e o teu rexistro en ORCID. Se queres manter sincronizados e actualizados os perfís de ORCID e de Web of Science, activa as opcións que aparecen en Sincronizar ORCID y Web of Science automáticamente” 

Imaxe: outorgar permisos para actualizar publicacións no perfil WOS e ORCID