Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

ResearcherID e perfil de autor/a en WOS

Reclamar publicacións

Se tes publicacións incluídas nun rexistro de autor/a non reclamado xerado automaticamente por WOS, podes reclamar esas publicacións para engadilas ao teu perfil verificado (identificado con sinal verde). 

Inicia sesión coa túa conta de usuario/a de Web of Science e preme na pestana "Investigadores". Na caixa de busca, escribe o teu nome tendo en conta todas as variantes para ver se existe máis dun perfil non verificado coa túa identidade (nome, filiacións, obras etc.).

 

Na páxina de resultados, podes atopar as seguintes situacións: Un perfil verificado (con sinal verde) e un ou máis rexistros sen reclamar (xerados automaticamente).

Imaxe: Perfil de autor/a verificado e rexistro de autor/a non reclamado xerado algoritmicamente

Abre o rexistro do perfil non verificado. Podes recoñecelo facilmente porque non ten a marca de verificación verde a carón do nome. Ademais, a premeres na ligazón do nome para abrir o rexistro, poderás ver unha nota que indica que o rexistro foi xerado algoritmicamente. Exemplo:

Imaxe: rexistro de autor non verificado

Preme en "Reclamar mi registro" para engadir esas publicacións ao teu perfil verificado, estea baleiro este ou non.

Utiliza as caixas de selección para marcar os documentos que queiras agregar ao teu perfi verificado e preme en "Añadir". Para engadir varias publicacións á vez, selecciona os rexistros e preme na pestana "Bulk actions - Añadir"Podes engadir ata 50 publicacións á vez.

Revisa a selección de publicacións que queres reclamar.

Confirma  o envío da selección.

 

As publicacións seleccionadas aparecerán como pendentes de verificación na páxina de xestión do teu perfil. Preme na pestana "Manage my publications" para ver o estado de verificación.

Clarivate revisará esa petición e, pasados uns días, incorporará esas publicacións ao teu perfil verificado (con sinal verde). O perfil non verificado e o seu número ResearcherID provisional desaparecerán se non queda ningunha publicación.

Se na páxina de resultados dunha busca por investigadores/as atopas dous ou máis rexistros sen reclamar (xerados automaticamente) con publicacións da túa autoría, podes reclamar esas publicacións para engadilas ao teu perfil de investigador/a verificado.

Para facer a busca, inicia sesión coa túa conta de usuario/a de Web of Science e preme na pestana "Investigadores". Escribe o teu nome tendo en conta todas as variantes para ver se existe máis dun rexistro non verificado coa túa identidade (nome, filiacións, obras etc.).

Marca os rexistros non verificados e preme na pestana "Ver como rexistro combinado" na parte superior da páxina.

Imaxe: perfil de autora e rexistros de autora non reclamados/verificados

A continuación, preme en "Reclamar mi registro" para ver e revisar as publicacións dos rexistros combinados.

Utiliza as caixas de selección para marcar os documentos que queiras engadir ao teu perfi e preme en "Añadir". Para engadir varias publicacións á vez, selecciona os rexistros e preme na pestana "Bulk actions - Añadir".  Podes engadir ata 50 publicacións á vez. Na parte inferior da pantalla, preme en "Next Sumary" para avanzar e ver o resumo dos cambios antes de enviar a solicitude.

Revisa o resumo dos cambios solicitados e, se todo é correcto, preme en "Submit publications" para completar o envío da solicitude.

Clarivate revisará esa petición e, pasados uns días, incorporará esas publicacións ao teu perfil verificado (con sinal verde).