Web of Science ofrece diferentes vías para engadir publicacións desde o teu perfil de autor ou autora. Para ver esas opcións, tes que iniciar sesión coa túa conta de usuario/a en WOS.

Imaxe: iniciar sesión en Web of Science
No menú da esquerda, preme en "Menú - Abrir Menú" e unha vez aberta a lapela "Mi Web of Science", selecciona “Perfil - Mis registros - Publicaciones - Añadir”.

Imaxe: menú Mi Web of Science
A continuación, verás as opcións para engadir publicacións ao teu perfil:

Imaxe: opcións para engadir publicacións no perfil de autor/a
Publicacións suxeridas: Web of Science busca na súa colección principal artigos que coincidan co teu nome e correo electrónico e amosa os resultados para que comprobes se son túas e selecciones as que queiras engadir. Se non atopa ningunha publicación, podes engadir outros enderezos de correo cos que teñas publicado para mellorar os resultados obtidos. Preme na ligazón "Añadir direcciones de correo electrónico".

Imaxe: opcións para engadir publicacións no perfil de autor/a
Engadir publicacións por identificador: podes importar publicacións facendo a busca por: DOI, Web of Science accession number, PubMed ID, arXiv ID ou por título. Selecciona a opción, "Añadir publicaciones por identificador", preme na pestana "Buscar" e, unha vez aberta a lapela, selecciona o elemento de busca.

Imaxe: opcións para engadir publicacións no perfil de autor/a
Engadir publicacións por subida de arquivos: podes engadir publicacións desde arquivos en formato RIS, BibTex e CSV. Os ficheiros RIS e BibTex xéranse, por exemplo, desde outras bases de datos ou desde un xestor bibliográfico. Os ficheiros CSV das publicacioós deben conter como mínimo un título e un identificador (DOI, PubMed, ArXiv, etc). Utiliza esta opción só se non tes outra alternativa.

Imaxe: opcións para engadir publicacións no perfil de autor/a
Sincronizar con ORCID: podes importar as publicacións desde ORCID activando a sincronización da importación de ORCID na configuración do teu perfil. Consulta como facelo no apartado "Xestionar as publicacións-Sincronizar con ORCID" desta guía.
Cando fas unha busca en Web of Science, tes a opción de seleccionar publicacións do resultado e exportalas directamente ao teu perfil.

Imaxe: exportar publicacións da Web of Science ó perfil de autor/a
Confirma que es o autor/a da publicación seleccionada e preme na pestana "Añadir al perfil investigador".

Lembra que debes iniciar sesión para reclamar os documentos.