Desde abril do ano 2023, Web of Science ten activada por defecto a actualización automática dos perfís de autor/a verificados (perfís identificados con sinal verde) e engade directamente ao teu perfil as publicacións da Web of Science Core Collection e as preimpresión do Preprint Citation Index. Para que funcione, é necesario que teñas polo menos unha publicación da colección principal incluída no perfil.

Imaxe: perfil validado en Web of Science
Se queres desactivar a actualización automática, inicia sesión coa túa conta de usuario de Web of Science, entra no teu perfil de autor/a e, desde el, entra na configuración do perfi; podes entrar na configuración desde o botón de editar (lápis) na esquina superior dereita do teu perfil ou desde o menú da esquerda, en "Menú - Abrir Menú", na lapela "Mi Web of Science", na opción “Perfil - Mi perfil investigador - Editar”. Na "Configuración de perfil", preme na pestana "Preferencias de publicación" e, simplemente move o control á posición de desactivado.

Imaxe: actualización automática de publicacións de Web of Science
As publicacións engadidas de forma automática están diferenciadas dentro do listado de publicacións cun filtro específico que permite identificalas facilmente e eliminalas no caso de que sexan incorrectas.
Se tes activada a actualización automática, Clarivate te enviará un correo electrónico coas últimas publicacións engadidas por esta vía. Para recibir o correo, tes que activar esa opción na "Configuración de comunicaciones". Para acceder, entra na túa conta de usuario/a de WOS e preme no apartado "Configuración".

Imaxe: configuración de comunicacións en Web of Science
Para ver os cambios, preme en "Save Changes" no pé da páxina.