Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

ResearcherID e perfil de autor/a en WOS

Revisión por pares

No teu perfil de investigador de Web of Science, podes agregar revisións realizadas para revistas, conferencias ou series de libros (coa configuración de privacidade que elixas).

Entra no teu perfil e preme na pestana "Editar". No apartado "Configuración de perfil", selecciona a opción "Preferencias de revisión por pares". Podes elixir a configuración de visualización das novas revisións engadidas ao teu perfil ou engadir unha nova configuración a todas as revisións en bloque e seleccionar as opcións de visualización das revisións das que es autor/a.

Imaxe: preferencias de revisión por pares

Se revisaches solicitudes de subvención para unha organización de financiamento asociada con Web of Science, podes agregar automaticamente o rexistro verificado dese traballo ao teu perfil se marcas esa opción. Tamén podes ver unha lista de revistas para as que teñas interese en realizar revisións configurando a túa dispoñibilidade. 

Imaxe: preferencias de revisión por pares

As revisións realizadas para revistas asociadas pódelas agregar automaticamente ao teu perfil a medida que as realizas simplemente asegurándote de ter activada a opción "Revisiones por pares de socios/Peer reviews from partners".

Actualmente Web of Science non admite incluír información de revisións de libros nin capítulos de libros que non sexan parte dunha serie ou publicación periódica.

Podes consultar máis información sobre as preferencias de visualización da revisión por pares en: Clarivate-Peer Review Preferences Tab.